top of page

Os Concellos das comarcas reciben achegas para a contratación de socorristas


Laura Moure/Xeral

Os Concellos apuran os últimos trámites para as aperturas das piscinas municipais. E entre estes está a contratación dos socorristas para a que reciben achegas das distintas administracións.


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai financiar a contratación de 11 socorristas para a próxima campaña de verán en seis concellos das comarcas de Deza e Tabeirós-Montes ao abeiro da orde de axudas para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade informou da concesión destas axudas, que veñen de notificarse aos concellos beneficiarios e que nestas bisbarras ascenden a 40.373 euros.

Así, o departamento autonómico aprobou dúas axudas de salvamento a prol do Concello

de Agolada para a praia fluvial por importe de 7.280 euros e outras tantas para financiar o

servizos de socorrismo nas piscinas de Lalín (7.040 euros), Silleda (7.978 euros), Rodeiro

(7.275 euros) e Forcarei (7.160 euros), mentres que no caso de Dozón subvencionarase

unha única contratación (3.640 euros). En todos os casos, subvenciónase a contratación

por espazo de dous meses.


“A seguridade no verán, especialmente en espazos acuáticos como praias e zonas fluviais

ou recintos municipais como as piscinas, é fundamental para seguir mantendo a Galicia

como destino seguro e por iso dende a Xunta colaboramos moito cos concellos para que

se doten de profesionais axeitados”, sinalaron dende a Consellería de Promoción do

Emprego e Igualdade.


Pola súa banda, a Deputación da Coruña tamén informou das axudas que lle concederán para este fin aos concellos da provincia. Publicou onte, luns, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión definitiva das subvencións para os servizos de socorrismo en concellos do interior da provincia, que suporán un investimento de 304.342,24 euros para 44 concellos coruñeses.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A través desta liña de axudas, a Deputación financiará os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais coma o Aquapark de Cerceda ou o lago das Pontes. As achegas da Deputación van desde os 5.200 aos 9.900 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello. As contratacións estenderanse por un máximo de tres meses.


Este programa, que se convoca cada ano, contribúe a xerar emprego durante a época estival e a manter a seguridade das persoas usuarias das piscinas públicas e praias fluviais da provincia da Coruña.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así o ente provincial achegará aos municipios das comarcas de Arzúa e Terra de Melide as seguintes contías:

  • Boimorto: 5.249,79 euros.

  • Melide: 8.311,79 euros.

  • Santiso: 6.012,31 euros.

  • Sobrado dos Monxes: 6.012,31 euros.

  • Toques: 6.012,31 euros.

  • Touro: 6.095,81 euros.

  • O Pino: 8.206,57 euros.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page