O obxectivo é impulsar o consumo local
Laura Moure/Arzúa
A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) dará comezo este sábado día 1, á campaña “FELIZ DÍA DOS NAMORADOS” con motivo da celebración do San Valentín 2025, para o fomento do consumo no CCA Arzúa e a fidelización dos seus clientes. A campaña comercial “FELIZ DÍA DOS NAMORADOS”, que se prolongará ata o sábado 15
febreiro traerá un sorteo de premios e animación músical ao ritmo de serenatas mariachis
polo Centro Comercial Aberto de Arzúa.

Entre tódolos tickets de compra rexistrados durante a campaña sortearanse 2 premios, consistentes en dúas ceas románticas para dúas persoas a desfrutar en calquera local hostaleiro asociado. Como en anteriores edicións, o xeito de participar neste sorteo será moi sinxelo; tan só haberá que rexistrar na urna de AECA habilitada en tódalas tendas, os tickets de compra por importe superior a 15€, anotando no seu reverso o nome e o teléfono de contacto do cliente.
Publicidade
Ademais, haberá animación musical a cargo da banda “WILLINGTON MARIACHI”, quenes
faran un roteiro polas zonas mais comerciais de Arzúa para deleitar a comerciantes, clientes e visitantes do centro comercial aberto cun romántico repertorio de serenatas rancheiras. Será o vindeiro venres 14, día de San Valentín, a partires das 6 da tarde.
Dende o colec"vo de AECA, animan a celebrar o amor co comercio e coa hostalería local, pero non só o amor romántico, senón tamén outras expresións de afecto con familiares ou amigos. Dinnos “Obsequiar é unha boa oportunidade para fortalecer vínculos con alguén ao mesmo tempo que impulsamos a economía local; apoiando aos nosos comerciantes veciños”.
Toda a información e bases do sorteo pódense consultar en www.aecomarcadearzua.com e tamén se pode seguir o desenrolo da campaña a través das redes sociais de A.E.C.A.
Comentários