O Concello de Silleda, no marco do programa provincial “DA TUA MAN”, repartirá un
novidoso packaging sostible e reutilizable, entre todos os comercios do municipio
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de remitirlle a todos os comercios do municipio unha comunicación na que os convidan a participar nunha nova acción do proxecto da Deputación de Pontevedra “DA TUA MAN”, e que consiste no reparto dun novidoso packaging sostible e reutilizable, que ademais de servir para reforzar a imaxe de marca do comercio local, funcionará como soporte para o lanzamento de campañas de sensibilización en relación á economía circular, a través dun código QR impreso no mesmo.
Así pois os comercios silledenses poderán solicitar ata tres tipos de lotes de bolsas de
diferentes tamaños e materiais, que van dende o plástico ou algodón reciclados ata o
PLA 100% compostable, para servir os seus produtos .
A concelleira de Promoción Económica, Paula Fernández, explica que “con estas bolsas
búscase, non só, a concienciación da importancia da economía circular mediante o
reciclado de materiais, senón que ademais se reforce a imaxe de marca do comercio
de proximidade como destino sustentable e respectuoso co medio ambiente onde se
potencie o consumo responsable”.
Publicidade
Código QR
Pero é que ademais, e como novidade, as bolsas levarán impreso un código QR que a
cidadanía pode consultar para acceder a diferentes campañas de sensibilización que
teñen por obxecto mellorar a xestión de residuos ou a mensaxes con pequenas
accións que poden facer no día a día para contribuír a sustentabilidade e á loita contra
o cambio climático. Trátase, ao fin, de que a cidadanía acceda dun xeito divertido e
novidoso á información sobre a importancia da economía circular
Os comercios que desexen participar nesta acción poden solicitar os seu material no
Concello de Silleda a partir deste luns día 18. O reparto farase por lotes e ata esgotar
existencias.
Esta acción enmarcase no proxecto DA TÚA MAN que a Deputación provincial puxo en
marcha no 2021 coa intención de favorecer a creación, desenvolvemento e
consolidación de negocios do sector do comercio polo miúdo na provincia, así como
axudarlles a abordar os novos retos competitivos trala pandemia pola Covid-19.
Publicidade
Ata o día de hoxe, e gracias a este proxecto en Silleda se teñen instalado tótems
dixitais interactivos para a promoción do comercio local, illas ecolóxicas para a
recollida selectiva de residuos ou a posta en marcha de accións de sensibilización e
formación, como a de competencias dixitais para comerciantes, a de habilidades
dixitais para consumidores vulnerables ou o curso de deseño de novos packaging
sostibles.
As actuacións do proxecto “DA TUA MAN” buscan apoiar mercados, zonas urbanas
comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización,
proporcionando os cambios necesarios para reactivar o comercio da man, tanto de
comerciantes, poñendo en marcha medidas para modernizar e iniciar a transformación
dixital dos seus negocios, así como da cidadanía, que é preciso xogue un papel
protagonista no impulso dunha actividade tan esencial como é a do comercio.
Comments