top of page

Os colexios de Arzúa, Boimorto e Touro participan na VI Ciberliga 2024/25

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A iniciativa, impulsada pola Garda Civil, formará a uns 1.400 estudantes de 4º da ESO de 51 centros en competencias de ciberseguridade e uso responsable das novas tecnoloxías


Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou onte na presentación da VI Ciberliga 2024/25 no Instituto IES Alfredo Brañas. A iniciativa, impulsada pola Garda Civil, ten o propósito de formar a preto de 1.400 estudantes de 4º da ESO de 51 centros educativos, entre eles tres das comarcas, en competencias de ciberseguridade e uso responsable das novas tecnoloxías.


O certame persegue, ademais de fomentar unha contorna dixital segura e sensibilizar sobre ciberseguridade, ofrecer ao alumnado unha formación práctica e motivadora a través de actividades lúdicas. Deste xeito, as novas xeracións adquiren habilidades clave para os retos da sociedade actual mediante unha experiencia educativa que combina aprendizaxe e diversión.

Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa participan:

  • CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Rosario de Arzúa

  • CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto

  • CPI Plurilingüe Fonte Díaz de Touro


Esta actividade entronca coa aposta da Xunta de Galicia polo benestar dixital do alumnado, que inclúe tamén iniciativas como os programas Pegada Dixital ou Navega con rumbo, este último desenvolvido en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Os obxectivos da Ciberliga coinciden tamén cos da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, promovendo unha interacción adecuada e responsable en contornas dixitais.


Dúas fases

A liga estrutúrase en dúas fases diferenciadas. A primeira, unha etapa clasificatoria que se realizará en liña entre o 25 e o 29 de novembro, permitirá a cada centro elixir a data e hora que mellor se adapten á súa organización. Neste proceso inicial, os participantes recibirán formación sobre o uso seguro das tecnoloxías, a través dunha sesión en streaming que combina explicacións teóricas e prácticas. Tras esta introdución, realizarán unha competición na que deberán resolver un ciber-reto, que inclúe unha exposición explicativa e unha práctica final para aplicar os coñecementos adquiridos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os equipos mellor puntuados en cada centro educativo pasarán á fase final galega, da que sairá a selección dos cinco mellores grupos que representarán a Galicia a nivel nacional. Esta última etapa está prevista de forma presencial entre o 10 e o 14 de marzo de 2025 nas instalacións da Academia de Oficiais da Garda Civil en Aranjuez (Madrid). Alí, ademais de afrontar o reto final, os participantes asistirán a actividades complementarias e realizarán novos exercicios prácticos, enfocados a seguir desenvolvendo as súas habilidades en ciberseguridade.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page