top of page

Os colexios de Agolada e Dozón contarán con pistas multideporte

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Promoverase un polo creativo no CEIP Xoaquín Loriga, de Lalín


Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia aprobou a implantación de tres polos creativos e a execución de dúas pistas multideporte que estrearán o vindeiro curso escolar colexios e institutos das comarcas pontevedresas do Deza, Tabeirós e Terra de Montes. O delegado territorial, Luis López, explica que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades elevou hoxe ao Consello da Xunta un informe de ambas actuacións, dúas iniciativas novidosas que se poñen en marcha ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e supoñen un investimento conxunto de case 6M€ para conxunto da Comunidade.


A comarca de Deza contará con dúas pistas multideporte nos centros educativos CEIP

Agolada e CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón que suporán unha achega de 120.000 euros por parte do Goberno autonómico. É a primeira acción deste tipo que se pon en marcha en Galicia e a Xunta financia ata o 85% do custo destas infraestruturas lúdico-deportivas nos centros escolares que son de uso conxunto entre a comunidade educativa e a cidadanía.

As axudas van destinadas a pistas multideporte en centros de Educación Infantil e Primaria e nos centros integrados non universitarios (CPI) de titularidade municipal, cuxo deseño debe ser conforme aos modelos establecidos no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. O obxectivo é promover unha vida sa entre o alumnado e permitir a práctica dun mínimo de cinco deportes nun espazo polifuncional.


Polos creativos

No caso dos polos creativos, o obxectivo principal é consolidar a Galicia como referente a

nivel estatal na incorporación de tecnoloxías STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e

Matemáticas) ao proceso de ensino-aprendizaxe no sistema educativo público. A primeira

fase de implantación chegará este setembro a un total de 138 centros educativos galegos

cun investimento que supera os 4M€.


Nestas comarcas promoveranse en tres centros -o CEIP Figueiroa, de A Estrada, o IES

Chano Piñeiro, de Forcarei, e o CEIP Xoaquín Loriga, de Lalín-. Os polos creativos son lugares de innovación educativa nos que se traballan as competencias STEM, a co-creación, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño e habilidades. Terán un deseño modular e innovador acorde co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, dotados de equipamento especializado e organizados didacticamente para o fomento da creatividade, a aprendizaxe por competencias e o traballo manipulativo. Isto é, centros de actividades nos que se abordarán aspectos como a intelixencia artificial, as tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, a realidade virtual ou a robótica, entre outros.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así pois, nos centros seleccionados nesta primeira fase en toda Galicia, a Consellería de

Educación despregará arredor de 22.000 unidades de material e equipamento especializado. Entre eles máis de 1.800 robots ou kits de robótica, máis de 2.100 elementos de equipamento audiovisual, preto de 1.000 tablets e 140 taboleiros

interactivos, más de 500 elementos de corte por control numérico, escaneado e impresión 3D e unhas 9.000 unidades de mobiliario avanzado, flexible e innovador.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page