top of page

Os colectivos culturais, veciñais e deportivos de Silleda xa poden pedir as axudas municipais

Poden demandalas ata o 6 de maio


Laura Moure/Silleda

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra, publicou este mércores a convocatoria das axudas do Concello de Silleda para actividades dirixidas a colectivos culturais, clubs deportivos e entidades veciñais e/ou de participación social. O prazo das solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación, rematando pois o vindeiro día 6 de maio.

As entidades poden consultar as bases e os anexos de solicitude na web municipal. As solicitudes deben de presentarse obligatoriamente por Sede Electrónica no Concello de Silleda. En total as tres liñas de subvención suman más de 100.000 euros. O prazo de xustificación. Para calquera dúbida ou aclaración, as entidades poden dirixirse ao Concello de Silleda chamando ao 986 580 000, co departamento de Cultura e Deporte.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Tamén no mesmo BOP de onte se publica a convocatoria de axudas municipais á creación de emprego,  cunha partida total de 20.000 euros. A igual que na anualidade anterior, estas bases teñen carácter retroactivo, podendo beneficiarse persoas autónomas e empresas que iniciaran a súa actividade dende o 1 de novembro de 2022.


As condicións son similiares ás de convocatorias anteriores (podendo solicitar estas axudas aquelas persoas que estén en situación de desemprego e queiran emprender proxectos pola súa conta), se ben hai que ter en conta que as contías se aumentaron xana convocatoria de 2021. Así, a axuda por apertura de local comercial pasou de 300 a 600

euros, e a Alta no Réxime de Cotización de Autónomos de 600 a 900 euros.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O importe máximo da axuda é de 4.200 euros. Ademais, trátase dun programa no que se valora a maiores a perspectiva de xénero, con discriminación positiva no apartado referido á contratación de persoal. Puntúase que o promotor/a do proxecto sexa parado/a de longa

duración;  a apertura de local; a alta no Réxime de Autónomos; a contratación de persoal; e prímanse aqueles proxectos relacionados co sector primario, medio ambiente o que aposten polo I+D+I. Tamén se outorgan a maiores puntos extra, para aqueles casos nos que os proxectos sexan promovidos por mulleres con cargas familiares de unidades monoparentais.


As bases e anexos están dispoñibles na web municipal.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page