A cita, ás 20:00 horas no auditorio Manuel Dopazo, contará cas actuacións de todas as sección da banda, que interpretarán temas de Tchaikovsky, Prokokiev ou Shostakovich
Laura Moure/Silleda
A Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira ten previsto celebrar este sábado día 11 o concerto de Santa Icía, unha cita incluída na programación de Nadal do municipio, que estará protagonizada pola música de compostores clásicos rusos. A cita será ás 20:00 horas no auditorio Manuel Dopazo, con entrada libre ata completar aforo. Ademais da Recreativa e Cultural da Bandeira, baixo a batuta de Manuel Paino, actuarán a Banda de Veteranos da agrupación (dirixida por Miguel Rodríguez) , a Banda Infantil, a Xuvenil (baixo adirección de Serxio Rodríguez), e os alumnos e alumnas de Música e Movemento.
A música de Tchaikovsky, Prokokiev ou Shostakovich, entre outros, sonará este sábado no auditorio municipal da Bandeira, no que é tamén o regreso a este escenario da agrupación dende o inicio da pandemia. Na xornada anterior, o venres día 10 abrirase tamén na localidade da Bandeira o Belén Tradicional do Centro Cultural Vista Alegre, a última hora
tarde.
A programación no auditorio continuará a vindeira semana, o venres 17, ca representación da obra teatral Rosalía, de Culturactiva, (18:00 horas) unha proposta teatral para o público familiar que narra a infancia a célebre escritora galega.
Comments