top of page

Os CEIP de Boimorto e Touro e o CPR Plurilingüe Nosa Señora del Rosario de Arzúa participan na VI Ciberliga Nacional de retos no ciberespazo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Promovida pola Garda Civil, foi creda no 2019 co fin de contribuír ao fortalecemento do ecosistema da ciberseguridade mediante a formación da cidadanía nesta materia


Ecos da Comarca/C.Arzúa

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, participou este luns no IES Isaac Díaz Pardo de Sada na presentación da VI Ciberliga Nacional de retos no ciberespazo que organiza a Garda Civil, e que contou coa participación do alumnado de 4º da ESO, destinatarios da modalidade pre-amateur creada o ano pasado. Son 15 os centros educativos da provincia da Coruña os participantes nesta iniciativa e poderán inscribir aos seus equipos, ata o 22 de novembro, a través da web www.ligagc.com

Os equipos estarán compostos preferiblemente por 4 estudantes, que disputarán a fase clasificatoria en Galicia entre o 25 o 29 de novembro nos propios centros educativos. Os institutos clasificados disputarán a final no Centro Universitario da Garda Civil de Aranxuez no mes de marzo de 2025. A subdelegada indicou que con esta competición, a Garda Civil pretende concienciar á mocidade sobre o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías, así como potenciar o coñecemento e premiar o talento no ámbito da ciberseguridade.


O alumnado participante terá que enfrontarse, e tratar de resolver, unha serie de ciber-retos que simulan situacións reais que poden atoparse cando navegan por internet. E para resolvelos deberán empregar todas as súas habilidades, traballando en equipo e poñendo en práctica os ensinos recibidos, especialmente na acción formativa que se desenvolve de maneira previa á competición. Durante a súa intervención, María Rivas sinalou que “a ciberseguridade se constrúe e debe mellorarse día a día”, esta é a única maneira de enfrontar as novas ameazas que van xurdindo. “Os hackers cada vez actúan cun maior nivel de sofisticación, e necesitamos protexer a información e os sistemas. Isto lévanos á necesidade de implementar medidas de seguridade cada día máis fortes e para conseguilo é fundamental a formación e a incorporación de talento”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A subdelegada lembrou que “a ciberdelincuencia non é algo que lle pasa aos demais. Todas e todos estamos en risco. Por tal motivo é fundamental formarse xa que canto máis preparados e preparadas estamos, mellor podemos autoprotexernos á vez que contribuímos a crear unha internet máis segura”. Finalmente felicitou a todos os centros educativos e ao alumnado de 4º da ESO que participa na “National Cyber League” da Garda Civil por contribuír desde a mocidade para crear entre todas e todos unha internet máis segura, aproveitando a competición para aprender máis sobre ciberseguridade, superar retos, e tamén divertirse e competir en equipo.


A Ciberliga

A Ciberliga foi creda no ano 2019 co obxectivo de contribuír ao fortalecemento do ecosistema da ciberseguridade mediante a formación da cidadanía nesta materia. Este programa experimentou unha evolución paulatina chegando ao momento actual no que se estrutura en tres modalidades: Amateur dirixida ao estudantado universitario e de Formación Profesional; Profesional dirixida a axencias policiais e do ámbito da defensa así como empresas do sector privado. E finalmente, a modalidade Pre-Amateur que é a que onte presentaron na provincia da Coruña. A quinta edición (ano 2023) implementou a modalidade pre-ameteur, para alumnos de 4º curso da ESO, cun proxecto piloto nas Comunidade Autónomas de Galicia, Castela a Mancha e Madrid na que participaron preto de 4.000 alumnas e alumnos de 4º da ESO. Na sexta edición (2024) ademais de continuar coas modalidades amateur e para profesionais das forzas de seguridade, afiánzase a pre-amateur, aumentando a nove as Comunidades Autónomas nas que os alumnos de 4º da ESO demostrarán as súas habilidades e coñecementos.

Ademais das Comunidades Autónomas do ano 2023, este ano únense Cantabria, Castela e León, Estremadura, Illas Baleares, Illas Canarias e Navarra. Non caso da provincia da Coruña, os centros participantes son: IES David Buján de Cambre, IES Maximino Romero de Lema de Zas, CPR Plurilingüe Valle Inclán 1 de Ferrol, IES Isaac Díaz Pardo de Sada, IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, CPR Plurilingüe Nosa Señora del Rosario de Arzúa, IES Camilo José Cela de Padrón, CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto, CPI Plurilingüe Fonte Díaz de Touro, IES Francisco Aguilar de Betanzos, IES Moncho Valcerce das Pontes, IES As Telleiras de Narón, IES Alfredo Brañas de Carballo, CPI Plurilingüe de Dilos de Rois e EFA Fonteboa de Coristanco.


No acto de presentación da Ciberliga, a subdelegada estivo acompañada polo Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil de Coruña, Fernando Pedreira Latexe; o alcalde de Sada, Óscar Benito Portela; a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández e a Directora do IES Isaac Díaz Pardo, María Sol Doval Casal.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentarer


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page