top of page

Os catro ocupantes dun vehículo resultaron feridos tras envorcar en Vedra

Ecos da Comarca/Xeral

Os catro ocupantes dun vehículo resultaron feridos tras envorcar en Vedra, tal e como indica o 112 Galicia. Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que trasladou a un dos ocupantes. Os outros tres, unha nai e dous fillos, foron evacuados nunha ambulancia medicalizada. Os catro foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago.

Foto de arquivo.

Ao fío das dúas deste mediodía, o 112 Galicia recibía un aviso a través do sistema de alerta que levan incorporados moitos vehículos, o e-call. Tamén nese intre, un particular contactaba cos xestores de emerxencias para informar dun accidente cun coche envorcado na AP-53, punto quilométrico 13.5, en San Mamede de Ribadulla, dirección Santiago, na localidade coruñesa de Vedra. O alertador non vía aos ocupantes, polo que non podía asegurar si había persoas atrapadas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A partir de aí, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ordes, ao GES da Estrada, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén, do mesmo xeito, foron avisados os Bombeiros de Santiago e o persoal de mantemento da vía.


Debido á gravidade que asemellaba, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicou a saída do helicóptero medicalizado, polo que foi necesario interromper o tráfico nese punto da estrada mentres os profesionais auxiliaban aos feridos.

Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron que non foi preciso excarcerar. En total houbo catro feridos, que foron evacuados ao Hospital Clínico de Santiago. Un deles na aeronave e unha muller e os seus dous fillos nunha ambulancia medicalizada.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page