top of page

Os cativos poden depositar as súas cartas para Papá Noel nun buzón xunto ao Consistorio de Agolada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Este estará colocado ata o día 24


Ecos da Comarca/Agolada

A programación de Nadal de Agolada arrancou este pasado domingo cun encontro de corais organizado pola Coral Polifónica de Agolada. A seguinte proposta é a instalación dun buzón moi especial ás portas do Consistorio para enviar as cartas a Papá Noel que xa se colocou este martes.


O buzón foi realizado manualmente e pintado e decorado por persoal do Concello e pola propia concelleira de Cultura e Educación, Concepción Carballal. Estará ata o 24 de decembro para que todos os nenos e nenas poidan acercarse a deixar as súas peticións.


Desta forma, o buzón aínda adorna máis a entrada do Concello xa que dende o pasado sábado, conta cun Belén e cunha árbore de Nadal que fixeron os participantes dun

obradoiro organizado pola ANPA do CEIP de Agolada, en colaboración do Concello, e que estivo impartido pola veciña de Agolada Ana Tarrío.


O departamento de Cultura do Concello de Agolada deseñou este ano unha programación na que sen dúbida, os cativos son os grandes protagonistas. O Concello con este tipo de iniciativas quere impulsar o espírito navideño entre os máis pequenos. Despois de meses marcados pola pandemia, eles foron uns dos grandes heroes, que aguantaron tantos días

pechados na casa e dando unha gran lección aos maiores.


Agardamos que Papá Noel se porte ben porque eles mellor non o puideron facer!


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page