Laura Moure/Antas de Ulla
A Biblioteca Pública de Lugo anunciou as gañadoras e gañadores da fase provincial do concurso de debuxo e narración polo Día das Letras Galegas cun gran protagonismo para Antas de Ulla, tal e como informa o Concello.
Na categoría A de narración (ata 8 anos), Alexia Rodríguez Amor gañou o primeiro premio e o segundo foi para Samantha Sofía Flores Guevara.
Na categoría B (9 a 11 anos), o segundo premio foi para Manuel Coucheiro Rodríguez e o terceiro para Xiana Vázquez Guerreiro.
Publicidade
Na categoría C (12 a 16 anos), obtiveron un accésit Pablo Coucheiro Rodríguez e Adriana Vázquez Louzao.
Na categoría A de debuxo (ata 8 anos), Alexia Rodríguez Amor gañou o primeiro premio.
Publicidade
Na categoría B (9 a 11 anos), o primeiro premio foi para Manuel Coucheiro Rodríguez.
Na categoría C (12 a 16 anos), obtivo un accésit Pablo Coucheiro Rodríguez.
A entrega de premios será o xoves, día 20 de xuño, ás 18:00 horas no salón de actos da Biblioteca Pública de Lugo.
Publicidade
Comments