top of page

Os carteiros de Lalín parecen estar castigados


Ecos da Comarca/Lalín

O gremio dos carteiros enviaron a este medio o seguinte comunicado:


Os carteiros de Lalín parecen estar castigados


"Mentres noutras unidades de reparto se están a realizar contratos de persoal eventual para sustituir as diferentes ausencias, especialmente as vacacións anuais nesta época do ano, en Lalín a empresa Correos ten en jaque ás carteiras e carteiros, ou iso parece.


Comezaron as protestas hai xa máis dun ano reclamando a cobertura de catro prazas vacantes e a día de hoxe, tras as xubilacións recentes, son sete xa as prazas que deben asumir, o cal resulta imposible durante a xornada laboral.

A situación é tan surrealista que pon de manifesto unha vez máis a nefasta xestión desta empresa, a indiferencia da dirección de zona que é incapaz de solventar un conflito laboral que se perpetúa no tempo. Desgraciadamente, son cousas que suceden cando a xestión se fai por persoal “recomendado” ou “favorecido” que están ó frente de postos que non son quen de realizar adecuadamente.


Se a intención dende Compostela era castigar dalgún xeito a esta plantilla de persoal por manifestarse, cabe recordar que os realmente perxudicados en todo isto son as veciñas e veciños que sofren a demora nos seus envíos coas consecuencias que esto trae en moitos casos. A Correos parece importarlle pouco que os usuarios do servizo postal teñan que pagar recargos de recibos que chegan tarde, trámites de facenda, facturas e todo tipo de documentos moitas veces urxentes ou con prazos reducidos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Actualmente, atópanse sen cobertura indefinidamente as zonas de: Pedroso, Alemparte, Albarellos, As Tecedeiras, Vilarello, Moi, Saa, Pidre, O Sisto, etc. dende a xubilación do carteiro titular.


Por outra banda, as zonas de Meixome, Madriñán, Anzo, Busto, Losón, etc quedarán sen cobertura próximamente porque a intención da empresa é a mesma que no caso anterior.


Tamén ocorre isto nalgunhas zonas do casco urbano de Lalín, como é o caso da Avenida Luis González Taboada, as rúas Antonia Ferrín Moreiras, Alcalde Ferreiro, Pintor Colmeiro, Melide, Pintor Laxeiro, etc.


Aínda que os carteiros están a facer importantes sobreesforzos a diario, resulta obviamente imposible cubrir todo o territorio que se lles esixe nestes momentos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Xa poucos feitos poden impresionar a este equipo de traballadores despois do vivido nestes últimos tempos, nos que os seus dereitos foron vulnerados en numerosas ocasións tanto en concursos de traslados, como nas conciliacións familiares, nas remuneracións, etc.


Inclusive na escasa contratación de persoal eventual, que sempre chaman ós mesmos sen seguir a orde estricta da suposta bolsa de sustitutos e facendo cadrar contratos con dispoñibilidade de quen interese.


De calquera xeito, o persoal de Correos en Lalín non pensa parar as protestas baixo ningún concepto. Son plenamente conscientes do deterioro do servizo e non pensan consentilo. Anuncian novas mobilizacións ata que Correos tome medidas ante o que califican unha inxustiza e unha mofa no caso de Lalín".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page