top of page

Os campamentos de Pascua de Melide terán lugar entre o luns 25 e o mércores 27 de marzo no CEIP Nº1

O prazo de inscrición continúa aberto ata o vindeiro luns 18 de marzo, con prazas limitadas


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide anuncia a celebración do campamentos de Pascua durante a Semana Santa. Esta actividade ofrece un tempo de lecer e socialización para as nenas e nenos do municipio, á vez que permite ás familias contar cun recurso de conciliación durante os días laborais desta semana vacacional no ensino.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os campamentos terán lugar en horario de mañá de 9 a 14 horas, entre o luns 25 e o

mércores 27 de marzo, no CEIP Nº1 de Melide. O prazo de inscrición continúa aberto ata

o vindeiro luns 18 de marzo, con prazas limitadas. Esta inscrición pode efectuarse de

forma telemática na sede electrónica municipal, ou a través do rexistro na Casa do

Concello.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os campamentos de Pascua son unha actividade gratuíta para as persoas usuarias.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page