Os bombeiros rescatan unha muller tras caer por un terraplén en Chantada
- ecosdacomarca

- 22 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Os bombeiros rescatan unha muller tras caer por un terraplén en Chantada. A ferida presentaba un brazo roto, rabuñadas na faciana e a luxación dun dedo, tal e como informa o 122 Galicia.

Por iso, foi evacuada ao Hospital de Monforte, despois de que fose rescatada polos Bombeiros de Chantada.
Quen chamou ao 112 Galicia, pasadas as 11 desta mañá, explicou que a afectada caera por un terraplén en Pincelo, Nogueira de Miño, Chantada. Avanzaba que tiña unha importante lesión nun brazo, e que serían necesarios medios para subir a ferida desde o fondo do terraplén ata a ambulancia.
Publicidade
Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos efectivos do parque comarcal de Chantada, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local.
Pola súa parte, os bombeiros lograron o rescate e a ferida foi evacuada ao Hospital de Monforte por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.







Comentarios