top of page

Os Bombeiros liberan a unha muller tras sufrir un accidente na parroquia cruceña de Carbia


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Foto de arquivo.

Os Bombeiros de Deza tiveron que intervir onte, xoves, para liberar a unha muller, que viaxaba de copiloto nun turismo e quedou atrapada logo de sufrir un accidente. Concretamente, o coche saíuse da vía e bateu contra a cuneta, tal e como informa o 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Como consecuencia do golpe, a persoa que ía no asento do copiloto quedou atrapada. Así, acudiron os Bombeiros do Deza, ademais dos voluntarios de Protección Civil da localidade e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender as feridas, aínda que unha delas apenas presentaba lesións.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 20:00 hora en Carbia. Alí chegaron, tamén, os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page