Os Bombeiros interveñen para axudar a saír a unha persoa que envorcou co seu vehículo en Lalín
- ecosdacomarca
- 1 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Os Bombeiros de Silleda tiveron que intervir esta mañá nun accidente en Lalín para axudar a saír a unha persoa que envorcara co seu vehículo. O único ferido foi trasladado ao centro hospitalario de referencia, despois de permanecer boca abaixo durante un tempo prolongado, tal e como informa o 112 Galicia.

Un particular informou ao 112 Galicia ao fío das 6:30 horas, indicando que o coche accidentado quedara envorcado no quilómetro 7 da PO-205, ao seu paso por Santa Baia de Losón (Lalín). O implicado non conseguía saír polos seus propios medios e dispoñía de pouca mobilidade. Polo tanto, e aínda que non era necesario excarcerar, solicitaban a colaboración dos servizos de emerxencias.
Tras valorar a situación, os Bombeiros de Deza encargáronse de axudar a saír á persoa polo portón traseiro do coche. Finalmente, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que a persoa resultou ferida. Ademais, no operativo tamén participou a Garda Civil de Tráfico, mentres que os membros do GES de Lalín non tiveron que intervir.
Comments