top of page

Os bombeiros interveñen nun accidente con atrapados en Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Unha colisión entre dous turismos obligou a intervir aos bomberos do Parque Intercomarcal de Silleda para liberar a unha das dúas persoas que resultaron feridas, tal e como informa o 112 Galicia.

O accidente no que se viron implicados dous coches.


Laura Moure/Silleda

O sinistro rexistrouse no 112 Galicia ás 14:30 horas de hoxe, tal y como indicaron testemuñas do accidente a través das súas chamadas de alerta. Segundo os datos que aportaron, os dous coches chocaron na N-525, ao seu paso pola parroquia de Margaride, en Silleda. Todo parecía indicar que había atrapados no interior dun dos vehículos implicados, polo que o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos efectivos de rescate do parque comarcal. Ademais, informouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha dotación ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.


Finalmente, a intervención dos bombeiros foi necesaria para liberar a unha das dúas persoas que resultaron feridas a consecuencia deste choque. Os equipos de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento, así como os axentes da Gardia Civil de Tráfico e os membros do GES de A Estrada, que acercaron a súa ambulancia, completaron este operativo activado tras a chamada ao 112 Galicia de persoas particulares que presenciaron o accidente.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page