top of page

Os bombeiros excarceraron a unha persoa que se saíu da vía co seu coche en Arzúa


Ecos da Comarca/Arzúa

Onte sábado produciuse un accidente en Arzúa e unha persoa tivo que ser excarcelada polos Bombeiros do Parque Provincial desta localidade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia deste accidente, ao fío das 20:15 horas: un coche envorcara lateralmente na beiravía, á altura do quilómetro 65 da N-547, no lugar de Río Vello, tal e como informa o 112 e o Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.

foto
O coche afectado. Autor: Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña.

Unha vez no punto, os Bombeiros de Arzúa encargáronse das tarefas de excarceración dunha persoa, que foi atendida polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A persoa estaba consciente, pero non podía saír do vehículo, e queixábase dun brazo e máis dunha perna.


Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa abateron o teito do coche deixando acceso libre para así ter mellor acceso e facilitar a extracción da vítima. Coa axuda dos sanitarios inmobilizaron á persoa ferida, colocóuselle un colariño para ser extraída coa axuda do taboleiro espinal e ser trasladada á padiola da ambulancia para ser atendida polo equipo médico. Posteriormente a vítima foi trasladada a un hospital.


Publicidade    

PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal do PAC de Arzúa. Ao mesmo tempo, foron informados os servizos de mantemento da estrada.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page