Estaba situado na rúa Constitución que se cortou ao tráfico durante a intervención
Ecos da Comarca/Agolada
Os bombeiros do parque intercomarcal de Silleda acudiron esta mañá, sobre ás 11:00 horas, a retirar un niño de velutinas no casco urbano de Agolada.
Este estaba nunha cornixa dun edificio da rúa Constitución e durante as tarefas de retirada procedeuse a cortar a calle. De feito, non é a primeira vez que teñen que acudir a retirar un a este inmoble.
O Concello agradece a rápida e eficaz intervención dos bombeiros.
Commenti