Os Bombeiros de Arzúa retiran unha árbore no lugar de O Pazo, na parroquia de Brates, Boimorto
- ecosdacomarca
- 20 oct 2024
- 1 Min. de lectura
O parque de bombeiros de Arzúa permanece pechado este domingo
Ecos da Comarca/Boimorto
Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa foron alertados onte, sábado, arredor das 11:50 horas, pola caída dunha árbore no lugar de O Pazo, na parroquia de Brates, no concello de Boimorto, tal e como informa prensa do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.

Ao chegar ao lugar dos feitos procedeuse ao corte da árbore e á limpeza da zona, quedando a estrada completamente liberada para a circulación.
Publicidade
Un día máis o parque de Bombeiros de Arzúa permanece pechado, tal e como informan os propios bombeiros. Deste xeito,hoxe, domingo, quedan sen servizo todos os concellos das comarcas de Arzúa e Terra de Melide así como o municipio de Vilasantar.
Comentarios