top of page

Os Bombeiros de Arzúa retiran unha árbore da estrada na parroquia de Santa María, de Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa foron alertados sobre as 19:35 horas de onte, sábado, de que unha árbore impedía a circulación  nunha estrada local na parroquia de Santa María no concello de Arzúa.

Autor: Bombeiros de Arzúa.

Unha vez no lugar os bombeiros provinciais comprobaron que se trataba dunha árbore partida á metade que invadía parte da estrada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No operativo sinalizouse a zona para realizar os traballos con seguridade. Empregouse unha motoserra para cortar a árbore en anacos que posteriormente retiraron da calzada. Tamén se pasou un escobón á estrada que quedou libre para a circulación contra das 19:45 horas. 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page