top of page

Os Bombeiros de Arzúa retiran un cableado telefónico que impedía a circulación en Castrofeito

Este parque estivo pechado onte de novo quedando sen servizo todos os concellos das comarcas de Arzúa e Terra de Melide así como o municipio de Vilasantar


Ecos da Comarca/O Pino

Os bombeiros do parque provincial de Arzúa retiraron o venres pola noite un cable do teléfono descolgado e impedindo a circulación de vehículos, no lugar de Ríal no-22, parroquia de Castrofeito, no concello de O Pino.

Retirada do cableado. Autor: Bombeiros de Arzúa.

Os bombeiros advertiron que se trataba dun cable do servizo telefónico ou fibra descolgado, a poucos metros do chan, impedindo a circulación de vehículos. Sobre ás

23:30 horas quedou a situación controlada.


Despois acudiron ao Concello de Vilasantar ás 1:37 horas da madrugada do sábado tras a caída dunha farola na beirarrúa de 4 metros de altura, que rompeu en tres partes o que impedía o tránsito don peóns.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os cableado eléctrico da farola podería ser perigoso para os peóns polo que se procedeu a balizar a zona e retirar o mobiliario derrubado.


Cabe mencionar que onte o parque de bombeiros de Arzúa volveu estar pechado. Deste xeito, e xa van unhas cuantas veces nas últimas semanas, estiveron sen servizo todos os concellos das comarcas de Arzúa e Terra de Melide así como o municipio de Vilasantar. Cabe mencionar que os Bombeiros levan tempo en loita para mellorar as súas condicións laborais

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page