Ecos da Comarca/Arzúa
Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa desprazáronse na noite de onte, venres 15 de novembro, ao redor das 21 horas, a unha explotación gandeira no lugar de Teiraboa na parroquia de Lema no concello de Arzúa para axudar a sacar a unha vaca que quedara atrapada nunha fosa.

Tal e como informa Prensa - Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña, o animal, estando no establo, caeu nunha fosa ao desprazarse a reixa na que estaba e tiña o corpo parcialmente afundido, coas patas dianteiras e metade do corpo fóra da fosa pero as patas traseiras e parte do costado están dentro.
Publicidade
Nun primeiro momento os bombeiros intentan axudar ao animal a saír tirando dunha cabezada que lle tiña posta o alertante pero, ao non conseguir sacala, decidiuse usar o tráctel do camión e unha eslinga, conseguindo así pouco a pouco que a vaca saíse da fosa.
Comments