Ecos da Comarca/Toques
Este venres rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Toques. O 112 Galicia foi alertado ás 13:30 horas. Ocorreu na estrada DP-4604 na parroquia de Brañas, tal e como informa o Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros Provinciais de Arzúa que tiveron que sacar o teito do vehículo para acceder e axudar a saír á persoa que viaxaba no mesmo. Esta resultou ferida leve. Tamén se desprazou unha ambulancia do 061.
Publicidade
Tal e como informa o 112 Galicia o vehículo saíuse da vía e deu varias voltas de campá, quedando envorcado lateralmente nun barranco a uns 20 metros da calzada. O persoal sanitario xa indicaba nun primeiro momento aos xestores de emerxencias que unha persoa podería estar atrapada no interior do vehículo.
De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Arzúa, e precisamente foron estes últimos os que cando chegaron ao lugar indicaron que foi necesario empregar o material de excarceración e sacar o teito do vehículo para liberar á muller, a cal foi posteriormente atendida polo persoal sanitario.
Comments