top of page

Os Bolechas visitarán Melide este Nadal

Forma parte da súa xira promovida pola Xunta de Galicia


Ecos da Comarca/Melide

A Xunta de Galicia programará unha xira de Nadal dos famosos bonecos televisivos Os Bolechas para difundir entre a cativada os tradicionais Cantares de Reis. Así o deu a coñecer hoxe en Santiago de Compostela o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen salientou que esta proposta, en colaboración coa CRTVG e Gadisa, “é xa unha cita cultural consolidada” entre as familias galegas na campaña de dinamización da lingua para estas festas.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude explicou que esta actividade, de entrada libre e de balde, percorrerá, entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro, oito concellos galegos: os coruñeses de Padrón e Melide, os pontevedreses da Estrada e Redondela, os lucenses de Burela e Abadín e os ourensáns de Verín e Celanova.


Valentín García destacou o papel dos Bolechas como “referentes galegofalantes para a xente miúda” e puxo en valor que se tire proveito do “seu grande éxito” entre os máis pequenos e pequenas “para achegar dun xeito divertido o valor do rico patrimonio oral en galego co que se conta en Galicia” e conseguir que estes cantares “acaben incorporándose no repertorio de Nadal entre as novas xeracións e se recuperen entre as familias”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A xira dos Bolechas cos Cantares de Reis comezará o xoves 26 de decembro na Estrada e, ao día seguinte, fará parada en Padrón. A programación continuará en Melide, o sábado 28 de decembro, para achegarse a Celanova, o domingo 29 de decembro. Rematarase decembro cunha actuación o luns 30, en Burela.


Finalmente, os espectáculos dos Bolechas para este Nadal continuarán en xaneiro de 2025 cunha representación en Verín, o venres 3 de xaneiro, e outra en Redondela, o sábado 4 de xaneiro. Toda a información coas datas exactas, lugares e horas pode consultarse no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page