top of page

Os beneficiados pola restruturación da parcelaria Val de Camba xa poden acceder as súas novas fincas

O goberno local lamenta que a Xunta non se desprazarse para tal fin a Rodeiro e solicita unha reunión cos departamentos responsables para resolver distintas dúbidas


Laura Moure/Rodeiro

Os beneficiados pola reestruturación parcelaria de Val de Camba, no concello de Rodeiro, xa poden tomar posesión das fincas que lles corresponden. No anuncio desta toma de posesión provisional, que se publicou no pasado mes de maio, informábase de que a partir do día 7 de setembro os beneficiados de prados, labradíos sen colleita pendente e monte poderían acceder ás súas novas fincas con todos os dereitos.

Os involucrados nesta reestruturación contan agora con dous meses para amosar as súas

reclamacións, por exemplo en caso a parcela adxudicada non conte coas medidas

previstas no boletín de atribucións. Para elo, a persoa afectada deberá presentar unha

medición pericial asinada por un técnico competente.


Cabe destacar que este proceso beneficiou a máis de 700 propietarios. Antes de esta

adaptación, a parcelaria do Val de Camba contaba con 7.529 parcelas distintas nunha

área de 1.855 hectáreas. Con esta reorganización, conseguiuse agrupar varias fincas ata

reducir o número a 1.869 fincas, mellorando o acceso e traballo dos propietarios.


Publicidade

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes para comezar cos traballos de arranxo das

entradas ás fincas. Así, aqueles que consideren que precisan dunha nova vía de acceso

deberán solicitar o permiso pertinente que, unha vez aprobado, lles permitirá comezar

coas obras de acceso e de eliminado dos cordóns de terra resultantes. Neste sentido, é

importante recalcar que todos os interesados teñen á súa disposicións os números de

teléfono do servizo de infraestruturas agrarias ou a oficina de Infraestruturas de Lalín.

Ademais, a Xunta está ultimando un importante proxecto para a apertura de camiños

secundarios e mellorar de camiños principais.


Necesidade dunha convocatoria

Pola súa banda, o goberno local móstrase crítico. "As novas fincas de concentración foron entregadas no día 7 deste mes sen que ninguén da Xunta se acercase a Rodeiro. Isto provoca incertidume e numerosas queixas. O tenente de alcalde, Alberte Lamazares, considera que nun momento tan importante coma o do día 7, deberíase ter convocado a veciñanza para resolver dúbidas. "A modo de exemplo, os/as propietarios/as pregúntanse, si unha finca ten unha alegación sen resolver, tomase posesión igualmente? Ou como sabemos que fincas teñen alegacións? Cando se executaran os comiños secundarios?

etc", sinala.


Ante isto, remitiron o seguinte escrito ao Xefe Territorial de Medio Rural e á Xefa de Servizo de Infraestruturas Agrarias:


"Dende o goberno municipal solicitamos unha reunión para abordar diferentes cuestións que teñen que ver coa “ Parcelaria do Val de Camba” unha vez que a Xunta de Galicia

anunciou que a partir do día 7 de setembro se vai executar a toma de posesión para que

se podan empregar as novas finca.


Sinalar tamén, que a motivación desta solicitude vén dada polo gran número de queixas

que se nos trasladou por parte da veciñanza en canto a dúbidas que lle xerou este

proceso de toma de posesión.


Publicidade

Entre os asuntos que tratariamos estarían:

  •  Mellora das pistas de concentración.

  • Prazos de execución das pistas secundarias.

  • Fondos públicos para a mellora das novas parcelas.

  • Outros temas de interese.


En dita reunión participaremos o Alcalde , o Concelleiro Delegado de Sector Primario e

os diferentes representantes das catro parroquias do concello".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page