Os axentes da Garda Civil organízanse para continuar con senllas buscas no Páramo e Taboada
- ecosdacomarca
- 3 jul 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Os axentes da Garda Civil organízanse para continuar con senllas buscas no Páramo e Taboada tras caer onte pola tarde un pescador e un bañista respectivamente. Tras os resultados negativos, os axentes preparan novos operativos para continuar buscando aos homes que caeron á auga.

A primeira hora desta mañá, os axentes da Garda Civil informaron a través do 112 Galicia da reorganización das súas patrullas e equipos especializados para retomar os traballos de busca de ambas as dúas persoas, que se perderon na auga do encoro de Belesar e no Club Náutico de Ponte Mourelle, respectivamente.
Publicidade
Dúas desaparicións que se produciron no intervalo que discorre entre as catro e as sete data tarde de onte nos concellos do Páramo e Taboada.
Desde o coñecemento no 112 Galicia de ambos os dous sucesos, activáronse os protocolos de actuación correspondentes para a mobilización dos recursos necesarios. Así, ademais de bombeiros, grupos de emerxencias e voluntarios de Protección Civil, desde o 112 Galicia avisouse nos dous casos aos axentes da Garda Civil, que activaron distintas patrullas e mobilizaron os seus equipos especializados na inmersión (GEAS). Tamén incorporaron medios aéreos á busca.
Publicidade
Deste xeito, esta mañá, organízanse de novo para continuar co traballo de busca, igualmente tratando de esgotar vías, polo que apostarán outra vez pola inmersión e o espazo aéreo.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Buscan a un pescador que caeu no encoro de Belesar cando trataba de recuperar a súa cana: https://www.ecosdacomarca.com/post/buscan-a-un-pescador-que-caeu-no-encoro-de-belesar-cando-trataba-de-recuperar-a-s%C3%BAa-cana
Buscan a un home que saltou á auga dende un pantalán en Taboada: https://www.ecosdacomarca.com/post/buscan-a-un-home-que-saltou-%C3%A1-auga-dende-un-pantal%C3%A1n-en-taboada
Comments