Os atletas Tamara García, de Dozón, e Emilio Montilla, de Cruces, lograron un ouro esta fin de semana
- ecosdacomarca
- 3 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
Esta fin de semana os deportistas do Club Deportivo Biosbardo voltaron a estar en múltiples probas da xeografía galega destacando os resultados acadados no 10k de Carballo. Este domingo, a localidade coruñesa albergaba o Campionato de Galicia de 5k, nembargantes os nosos atletas, centrados na súa preparación e nos seus obxectivos decidiron correr a proba dos 10k. Obtiveron dous ouros respectivamente a veciña de Dozón Tamara García e o cruceño Emilio Montilla.
Publicidade

Tamara García-Ouro Sénior
"Gran progreso da nosa atleta, que ficaba a pouco da súa mellor marca persoal facéndose co ouro sénior. Foi unha proba marcada polo vento onde Tamara tardaría uns minutos en sentirse cómoda e ‘entrar en competición’ entrando finalmente como cuarta absoluta, a moi poucos segundos do podio xeral da competición (da segunda á cuarta entraron nunha franxa de 30’’); facéndose coa vitoria de categoría", sinala o clube.

Emilio Montilla-Ouro Veterán
"Unha situación similar vivía ‘Milo’ encontrándose fóra de carreira durante a metade do
percorrido, foi nos últimos 5 quilómetrosdonde apareceron as sensacións e comezou a remontada facéndose coa vitoria de categoría Master".
Publicidade
Comments