top of page

Os arzuáns Carla Carrón e Diego Quintela e o silledense Joselu Mato optan aos Premios Galicia Sport

Hai máis dun cento de nominados, pero gañarán 40 entre deportistas e clubes


Laura Moure/Arzúa/Silleda

Volven os Premios Galicia Sport despois do éxito do ano pasado, tal e como sinala a organización xa que a primeira edición tivo unha gran audiencia, contando cunhas 500.000 visualizacións. O obxectivo este ano é alcanzar o millón de espectadores. Hai máis de 100 nominados, entre eles tres das comarcas, e ademais, de distintas modaliades deportivas. Pero finalmente entregaranse 40 galardóns. Os nominados da zona son:

  • Na modalidade de FÚBTOL na categoría de MELLOR XOGADOR PROFESIONAL figura o silledense Joselu Mato, que xoga no Alavés.

  • Na modalidade de FÚBTOL SALA na categoría MELLOR XOGADOR compite o arzuán Diego Quintela do Burela Pescados Rubén.

  • E na modalidade NATACIÓN na categoría MELLOR NADADORA sitúase Carla Carrón, de Arzúa, e do CN Arzúa.

Os interesados poden votar polos seus favoritos (marcando en cada modalidade e categoría) no seguinte enlace:


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page