Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Os afectados polos eólicos de Cruces denuncian "falta de transparencia" do Concello e da Xunta

A plataforma recollerá esta fin de semanas sinaturas en localidades como A Bandeira, Vila de Cruces e Melide

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A Plataforma de Afectadas/os Eólicos de Vila de Cruces incide "na falta de

transparencia por parte do Concello de Vila de Cruces e da Xunta nos procesos administrativos". Informa que "'grazas' a estes procedementos non é necesario expoñer publicamente os expedientes das diferentes LAT, os prazos rematan antes, co cal nos topamos con dificultades para poder recoller todalas alegacións posibles contra este espólio da nosa zona".


"Desde a Plataforma tentaremos estes días realizar campañas de recollida de sinaturas e alegacións para poder seguir nesta loita contra un xigante que parece que nin ó alcalde, Luis Taboada, nin á Xunta lles estén interesando moito parar", lamenta.

Un dos actos da plataforma en Carbia.


Con este obxectivo este colectivo levará a cabo a recollida de sinaturas mañá, sábado 29 de maio, na feira da Bandeira (Silleda), de 11:00 a 13:30 horas; no concerto da Banda de Merza que será na Praza do Concello de Vila de Cruces ás oito da tarde e o domingo 30, no concerto da Banda de Merza (12:00 horas) e na feira de Melide, concretamente, na Praza do Convento de 11:00 a 13:30 horas.


"Aproveitamos para agradecer o apoio da veciñanza e dos medio de comunicación", apunta a plataforma.

24 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE