top of page
Foto del escritorLaura Moure

Os afectados pola LAT que afecta a Carmoega e Galegos presentarán un trazado alternativo a Aldesa

Este está validado polo biólogo lalinense Martiño Nercellas e continuarán coas alegacións E Carbia acolleu unha charla sobre a loita contra os eólicos

Asistentes á reunión mantida este domingo en Carmoega.


Laura Moure/Deza

A parroquia agoladesa de Carmoega acolleu este domingo unha nova reunión para ir contra a Liña de Alta Tensión (LAT) que pretende atravesar o Val de Carmoega e que tamén afecta á parroquia lalinense de Galegos. O motivo deste encontro foi decidir o trazado alternativo que se vai propoñer a Aldesa Energía Renovables, a empresa promotora. No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Agolada, Luis Calvo, e a voceira do PP local, Mari Carmen Seijas.


Tal e como indica Marcial Barral, un dos afectados, acordaron continuar coas alegacións ao proxecto e presentar un traxecto de LAT alternativo ao que presenta Aldesa. Este novo que achegarán á empresa está validado polo biólogo lalinense Martiño Nercellas. "Este trazado alonxaría a Liña de Alta Tensión das vivendas de Carmoega, Santoandré e Penas e minimizaría o impacto na zona da Rede Natura", recalca Barral.

As persoas que acudiron á charla de Carbia, este domingo.


Tamén a parroquia cruceña de Carbia foi escenario doutro acto para ir en contra dos parques eólicos que afectarán a este municipio. Estivo organizado pola Plataforma de Afectados/as Eólicos de Vila de Cruces. En concreto, tivo lugar unha charla informativa a cargo de Roberto Vilela, que expuxo a súa experiencia na loita contra os eólicos.



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page