Ao longo deste tempo o seu alumnado realizou máis de 40.000 estadías formativas, en colaboración con máis de 2.500 empresas galegas
Laura Moure/Arzúa
Os Centros de Promoción Rural – EFA de Galicia, entre elas a de Arzúa, celebraron o seu 50 aniversario este xoves no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago. O evento reuniu a unhas 1.500 persoas, entre representantes institucionais, empresas e membros da comunidade educativa. No transcurso do mesmo visibilizouse o traballo que ao longo destes anos levaron a cabo estas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción do medio rural, poñendo en valor a xente e os recursos do rural galego como xeradores de emprego e riqueza no territorio.

En Galicia hai tres centros: A Cancela (As Neves- Pontevedra), Piñeiral (Arzúa-A Coruña) e Fonteboa (Coristanco-A Coruña). O encargado de abrir o acto foi o presidente da Federación EFAs de Galicia, Gabriel Tirapu. A secretaria xeral da Federación, Belén Rodríguez, fixo balance dos 50 anos dos Centros de Promoción Rural na nosa comunidade. Lembrou que “as EFAs naceron para evitar que as persoas do medio rural emigraran á cidade por falta de traballo, fixando poboación a través da formación, con proxectos educativos con impacto no desenvolvemento territorial, optando polo modelo francés de alternancia aula-empresa”.
“As EFAs naceron para evitar que as persoas do medio rural emigraran á cidade", sinala Belén Rodríguez
As cifras
Ao longo destes anos nos Centros de Promoción Rural EFA de Galicia -integrados nunha
rede internacional con máis de 1.000 entidades en todo o mundo- formáronse unhas
17.000 persoas, máis de 7.000 de formación regrada. Destes últimos, máis de 6.000 están
insertados laboralmente no medio rural e máis de 1.200 emprenderon o seu propio
proxecto no rural. Organizáronse máis de 2.400 mobilidades por estudos a nivel
internacional e o alumnado participou en máis de 40.000 estadías formativas, grazas á
colaboración con máis de 2.500 empresas. Desenvolvéronse máis de 200 proxectos de
investigación, inclusión, igualdade e cooperación.
"El futuro rural presenta importantes potencialidades, por lo que se debe facilitar la participación de los jóvenes”, resalta Pedro Puig
Pedro Puig, experto en formación, sinalou que "el futuro rural presenta importantes potencialidades, por lo que se debe facilitar la participación de los jóvenes”. Puig-Calvó, experto en Formación Profesional Dual e en formación no ámbito rural, cunha longa traxectoria en países de Europa, América e África, abordou a visión de futuro das EFAs. Referiuse ao sistema educativo de alternancia que empregan os Centros de Promoción Rural como “un instrumento de desarrollo del territorio, con un impacto muy elevado en las zonas en las que se implanta. Este sistema, basado en el aprendizaje aula-empresa, parte de la realidad, tratando de dar respuesta a los problemas que surgen en cada momento. A diferencia de la escuela tradicional, donde primero se aprende y luego se aplica, en los sistemas de alternancia primero se aprende sobre el terreno y luego se refuerza en el centro educativo”, resaltou.
O experto puxo de relevo a necesidade de que “la formación vaya al ritmo de los cambios
de la sociedad y del mundo empresarial y que los programas de formación aula-empresa
sean más flexibles en cuanto a horarios para que el alumnado siga los procesos reales de
las empresas”. Segundo remarcou, o sistema de alternancia presenta importantes
vantaxes sobre a formación dual. Asegura que “no se limita a formar a las personas, sino
que uno de sus principales objetivos es el desarrollo del territorio, para lo que se tiene en
cuenta la realidad del entorno y de sus empresas”. O profesor salientou así mesmo que “el
medio rural no es solo agricultura y ganadería, sino que es también turismo, comercio,
salud, educación, ocio…”.
“El futuro rural presenta importantes potencialidades, por lo que se debe facilitar a los
jóvenes su participación, ofreciéndoles propuestas formativas que les motiven, teniendo
en cuenta además que las cifras de abandono escolar en España y en Galicia son muy
elevadas. Es necesario promover el desarrollo de proyectos complementarios en el rural,
es decir, se pueden elaborar quesos y al mismo tiempo poner en marcha iniciativas
turísticas, ser enfermera o enfermero e impartir clases, tener ovejas y montar un
restaurante…; es decir, es posible y muy enriquecedora la diversificación de profesiones
con diversidad de autores” -apuntou o experto en formación-.
Carmen Lence, CEO do Grupo Lence – Leite Río: “Somos activistas do rural e os mozos
son o futuro” A CEO do Grupo Lence – Leite Río, Carmen Lence, anunciou a creación do “Premio ao emprendemento no rural”, dirixido ao alumnado de último ano das EFAs galegas.
“Somos activistas do rural e os mozos son o futuro”, recalca Carmen Lence
Recoñecerase o mellor proxecto fin de carreira, do que se valorará o seu impacto na
contorna e recibirá unha axuda para implantalo, impulsando así que os mozos e mozas se
incorporen profesionalmente no rural. Máis de 300 estudantes de ciclos formativos de
grao superior das tres EFAs que hai na nosa comunidade poderán presentarse ao premio.
“Somos activistas do rural e os mozos son o futuro” -remarcou-.
No acto tamén participou o director de Abanca Agro, Jesús Combarro. Indicou que “as
EFAs teñen un papel moi relevante no referente ao futuro e á profesionalización do medio
rural. Os novos titulares das explotacións gandeiras e agrarias precisan da formación
especializada neste eido; en produción, comercialización, e xestión…”. Na súa
intervención, remarcou o compromiso da entidade co rural, a través da unidade de
negocio Abanca Agro, especializada en solucións financieras para o sector e destacando
que Abanca mantén a maior rede de oficinas no rural galego, sendo a única entidade con
oficina en 141 municipios, o que supón o 45% dos concellos de Galicia.
A experiencia do alumnado
No acto participaron varios exalumnos das EFAs galegas, que amosaron a súa experiencia
traballando e emprendendo no rural. Así mesmo, tivo lugar a imposición de becas e a
entrega de diplomas ao alumnado que se graduou este curso.
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, clausurou a xornada organizada pola federación EFA Galicia. No acto tamén estiveron presentes Zeltia Lado, directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, e Jesús Álvarez, director xeral de Centros e Recursos Humanos.
Balseiros salientou a importancia da educación
Durante a súa intervención, José Balseiros salientou a importancia da educación para
garantir unha sociedade de calidade e con futuro. Así, puxo de relevo o labor que
desenvolven estes centros de formación, enfocados sempre na inserción profesional dos
17.000 estudantes que teñen ás súas costas. Destes, arredor dos 7.200 están completamente integrados no mundo laboral -dixo-, ben sexa por conta allea ou incluso
emprendendo con proxectos propios.
O director xeral fixo referencia tamén aos sectores agroalimentario e forestal que, segundo
indicou, precisan incorporar prácticas innovadoras e iniciativas de I+D como elementos
básicos da súa competitividade, así como consolidar un sistema de transferencia de
coñecementos no sector primario.
Así mesmo, Balseiros destacou a oferta formativa nos Centros de Formación e Experimentación Agraria dependentes da Consellería do Medio Rural. Así, recalcou que se
ofertarán 328 novas prazas para o curso 2023-2024 nos CFEA de Ribadeo, Guísamo,
Lourizán, Becerreá e Sergude. Tal e como explicou, esta ampliación ten entre os seus
obxectivos mellorar os resultados das explotacións, facilitar a súa reestruturación e
modernización, facilitar a entrada no sector agrario de agricultores formados ou aumentar
a competitividade dos produtores primarios mellorando a súa integración na cadea
alimentaria.
Ademais, a esta nova oferta súmase tamén a posta en marcha de tres novos ciclos
formativos na modalidade dual. Segundo o director xeral, isto permitirá incidir na
alternancia entre o centro educativo e a empresa, favorecendo a inserción laboral do
alumnado.
Neste contexto, cómpre salientar tamén a aposta do Goberno galego por impulsar e
favorecer a remuda xeracional no agro, que permitiu que no marco da convocatoria de
2022 destas axudas se incorporaran un total de 353 mozos e mozas á actividade agraria
da comunidade. Xa para finalizar, José Balseiros fixo referencia ás achegas para plans de
mellora e para a creación de pequenas explotacións, que favorecen unha mellora
substancial da competitividade e do rendemento global das explotacións agropecuarias
mediante a súa modernización, asegurando a continuidade do tecido agrario.
No evento colaboran empresas e entidades como a Consellería do Medio Rural, Abanca
Agro, Ence, Gadisa, Lactalis, Leche Río, Aguas de Mondariz, Bico de Xeado, Fundación
Juana de Vega, Fundación Abriendo Caminos, Fundación Roberto Ribas, Viveros Growin,
Xenética Fontao, Navigator Company, Bosch, Ecoenner, Agricor, Construcciones Espiño,
Embutidos Domínguez, Progrando, Cooperativa Agraria Provincial, Inleit e o Concello de
Coristanco.
Comments