top of page

Os 2 vehículos pendentes de recepción por parte de Silleda Sostible foron pedidos en agosto de 2022

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A empresa presentou un informe no que se detallan os motivos do retraso, se ben o plazo de entrega e periodo estimado de finalización dos vehículos era do pasado setembro


Laura Moure/Silleda

A recepción dos dous vechículos pendentes da UTE Silleda Sostible, adxudicataria do servizo de recollida de RSU no municipio está prevista para as vindeiras semanas, segundo se recolle no informe solicitado polo goberno municipal á concesionaria. Dito informe acredita que os dous vehículos que faltan por recepcionar (un de carga traseira “SEMAT” e un de carga lateral “FARID”) foron pedidos en agosto de 2022, nada máis coñecerse a resolución do concurso público para este servizo.

Un dos camións novos que recibiu en semanas pasadas.

Xa entón o periodo esteimado de finalización era de aproximadamente un ano (setembro de 2023), pero a falta de compoñentes para a fabricación (situación que afectou á mayoría de proveedores de chasis e carroceiros) alongaron os prazos ata finais deste ano.


“Como xa se explicou no pleno da pasada semana, dende o goberno estábamos informados de que esta crise de submnistros estaba a retrasar a entrega de vehículos”, indica o alcalde Manuel Cuiña, “unha entrega que para nada está a interferir no servizo que se está a prestar, e que cando se faga efectiva pasará a ser propiedade do Concello”, indica Cuiña.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

“A empresa é ademais a primeira interesada en dar cumprimento a este pedido, non só por ter que alugar os vehículos para o servizo senón tamén para mellorar a recollida e axilizar a documentación para matricular antes de que remate o ano os dous vehículos que faltan”, sinala.


En canto ás críticas do BNG, Cuiña remarca novamente que a falta de vehículos non mermou o servizo, e lamenta as graves acusacións verquidas por este grupo municipal, “porque lonxe de mirar para outro lado este goberno municipal está moi pendente do cumprimento dos contratos, se ben hai cuestión coma esta nas que as circunstancias son execpcionais, xa que comprar camións destas características resulta máis complicado”, sinala.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A empresa así mesmo informou dos seguementos semanais que se veñen facendo sobre o estado dos pedidos.


O vehículo de Carga traseira sairá esta mesma semana de produción de La Rochelle (Francia) para traladarse as instalación de FFS situadas en Gavá (Barcelona), estimándose a súa recepción entre os vindeiros día 18 e 22.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

No caso do de carga lateral a finalización do carrozado está prevista para o vindeiro día 18 en Vinovo (Italia) e unha vez rematado e trasladado tamén a Gavá, se estima a recepción na última semana do ano.


A día de hoxe a UTE Silleda Sostible xa adquiriu outros dous vehículos: un camión-compactadora e outro para a recollida de enseres e voluminosos. “Lamentamos as desafortunadas declaracións do BNG en relación a este asunto, poñendo en entredito a nosa honorabilidade, toda vez que a empresa, como xa se dixo na sesión, acredita que os camións foron encargados no momento da adxudicación”, engade o alcalde.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page