top of page

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 3.725 parados en marzo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Son case un centenar menos de desempregados con respecto ao mes pasado

Fonte: Ecos da Comarca


Laura Moure

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman en total en marzo 3.725 desempregados tal e como informou hoxe a Consellería de Emprego. Este dato é positivo porque se o comparamos co mes de febreiro, son case un centenar menos de parados, xa que eran 3.824.


Na comarca de Arzúa son 709 en total; na dezana, 1.934, na de Terra de Melide, 623 parados e na da Ulloa, 459. Dos 17 municipios, con respecto ao mes anterior, houbo un descenso xeneralizado, agás en Dozón que aumentou nunha persoa, en Antas de Ulla, en catro e en seis en Monterroso. Arzúa mantense coa mesma cifra, 275, e o descenso máis pronunciado dáse en Lalín, que por suposto é onde se rexistra o maior número de persoas sen traballo ao ser o concello máis grande. Ten 43 desempregados menos. A Lalín, séguelle O Pino, que contabiliza 13 menos e a este Vila de Cruces, cunha caída de 11 parados, mentres que no resto de municipios a diminución é de menos de dez persoas.


Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page