Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 3.533 parados en marzo

Son preto de 200 desempregados menos con respecto ao mes pasado

Fonte: Ecos da Comarca.

Laura Moure/Xeral

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman en total en abril 3.533 desempregados tal e como informou este mércores a Consellería de Emprego. Este dato é positivo porque se o comparamos co mes de marzo, son 192 parados menos, xa que eran 3.725.

Na comarca de Arzúa son 669 en total; na dezana, 1.862, na de Terra de Melide, 576 parados e na da Ulloa, 426. Dos 17 municipios, con respecto ao mes anterior, houbo un descenso xeneralizado, agás en Dozón que aumentou nunha persoa, en Vila de Cruces, en cinco e en dous en Sobrado dos Monxes. O descenso máis pronunciado dáse en Lalín, que por suposto é onde se rexistra o maior número de persoas sen traballo ao ser o concello máis grande. Ten 53 desempregados menos. A Lalín, séguelle Melide, que contabiliza 41 menos e a este Monterroso, cunha caída de 22 parados, mentres que no resto de municipios a diminución baixa da quincena.

Fonte: Ecos da Comarca

48 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE