Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 3.533 parados en maio

Son preto de 170 desempregados menos con respecto ao mes pasado

Fonte: Ecos da Comarca

Laura Moure/Xeral

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa sumaron en total en maio 3.363 desempregados tal e como informou este mércores a Consellería de Emprego. Este dato é positivo porque se o comparamos co mes de abril, son 170 parados menos, xa que eran 3.533.


Na comarca de Arzúa son 631 parados en total; na dezana, 1.807, na de Terra de Melide, 538 e na da Ulloa, 387 desempregados. Dos 17 municipios, con respecto ao mes anterior, houbo un descenso xeneralizado, agás en Dozón, que por segundo mes consecutivo segue medrando, e en concreto, ascendeu en tres persoas e en Boimorto que a subida foi de seis.


O descenso máis pronunciado dáse en Palas de Rei, onde 26 persoas atoparon traballo neste mes; séguelle Arzúa (25 menos), Lalín (-21); Melide (menos 20) e Vila de Cruces (con 17 desempregados menos). Mentres no resto de municipios a baixada no número de parados está por debaixo da quincena.


48 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE