Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 3.223 parados en xuño

Son 140 desempregados menos con respecto ao mes pasado



Laura Moure/Xeral

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa sumaron en total en maio 3.223 desempregados tal e como informou este venres a Consellería de Emprego. Este dato é positivo porque se o comparamos co mes de maio, son 140 parados menos, xa que eran 3.363.


Descende nas catro comarcas: na de Arzúa son 578 parados en total; na dezana, 1.775, na de Terra de Melide, 505 e na da Ulloa, 365 desempregados. Dos 17 municipios, con respecto ao mes anterior, houbo un descenso xeneralizado, agás en Vila de Cruces onde ascendeu en oito persoas e en Sobrado dos Monxes e Antas de Ulla nos que aumentaron en dous parados respectivamente.


O descenso máis pronunciado dáse en Lalín, onde 41 persoas atoparon traballo neste mes; séguelle Melide (25 menos), Touro (-20); O Pino (menos 19), Palas de Rei (con 16 desempregados menos) e Arzúa rexistra 11 parados menos. Mentres no resto de municipios a baixada no número de parados está por debaixo da decena.

Paro Comarcas mes de Xuño. Fonte: Ecos da Comarca

34 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE