Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 3.096 parados en xullo

Son 127 desempregados menos con respecto ao mes pasado


Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa sumaron en total en xullo 3.096 desempregados tal e como informou este martes a Consellería de Emprego. Este dato é positivo porque se o comparamos co mes de xuño, son 127 parados menos, xa que eran 3.223.


Na comarca de Arzúa son 522 parados en total; na dezana, 1.737, na de Terra de Melide, 495 e na da Ulloa, 342 desempregados. Dos 17 municipios, con respecto ao mes anterior, houbo un descenso xeneralizado, agás en Boimorto, Dozón e Sobrado dos Monxes nos que subiu nunha única persoa respectivamente, Rodeiro (+6), Vila de Cruces e Toques onde en ambos subiu en dous parados.


O descenso máis pronunciado dáse en Arzúa, onde 25 persoas atoparon traballo neste mes; séguelle Lalín (21 menos) e Touro (con 20 desempregados menos). Mentres no resto de municipios a baixada no número de parados está por debaixo da quincena.

Paro Comarcas mes de Xullo. Autor: Ecos da Comarca

53 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE