Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Os 17 concellos das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 3.037 parados en agosto

Son 59 desempregados menos con respecto ao mes pasado


Laura Moure/IsmaelRS/Xeral


Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa sumaron en total en agosto 3.037 desempregados tal e como informou este xoves a Consellería de Emprego. Este dato é positivo porque se o comparamos co mes de xullo, son 59 parados menos, xa que eran 3.096.


Na comarca de Arzúa son 517 parados en total; na dezana, 1.717, na de Terra de Melide, 474 e na da Ulloa, 329 desempregados. Dos 17 municipios, con respecto ao mes anterior, houbo un descenso xeneralizado, agás en O Pino (+6) e en Toques e Monterroso nos que subiu nun persoa e en dúas respectivamente. Mentres o número mantense igual en Dozón e Lalín.


O descenso máis pronunciado dáse en Melide, onde 17 persoas atoparon traballo neste mes e séguelle Vila de Cruces (10 menos). Mentres no resto de municipios a baixada no número de parados está por debaixo da decena.

Paro Comarcas mes de Agosto. Autor: Ecos da Comarca

38 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE