top of page

Os 17 concellos da comarca de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 3.186 parados en febreiro

Son 50 desempregados máis con respecto ao mes pasado


LauraMoure/IsmaelRS/Xeral

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa sumaron en total en febreiro 3.186 desempregados tal e como informou este mércores a Consellería de Emprego. Isto significa que son 50 máis con respecto a xaneiro que eran 3.136.


Na comarca de Arzúa son 602 parados en total; na dezá, 1.689, na de Terra de Melide, 518 e na da Ulloa, 377 desempregados, polo que houbo un aumento de persoas que quedaron sen traballo nas comarcas, agás na de Arzúa, que baixou en 18 persoas.


O paro aumenta en oito municipios. A alza é maior en Lalín con 31 desempregados máis e séguelle Melide (+17), Silleda (+12 ) e Monterroso (+10). No resto o aumento é inferior á decena.


Mentres descende noutros oito concellos. Destaca Arzúa cunha docena menos de parados e no resto a diminución está por debaixo de dez


Dos 17 concellos, só nun, en Dozón, se mantén o número de parados con respecto a xaneiro: seguen sendo 21.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page