top of page

Os 17 concellos da comarca de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 3.118 parados en decembro

6 ene 2022
1 min de lectura

Hai unha ducia menos de desempregados con respecto ao mes pasado


LauraMoure/IsmaelRS/Xeral

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa sumaron en total en decembro 3.118 desempregados tal e como informou esta semana a Consellería de Emprego. Isto significa que son 12 menos con respecto a novembro que eran 3.130.


Na comarca de Arzúa son 596 parados en total; na dezá, 1.646, na de Terra de Melide, 513 e na da Ulloa, 363 desempregados, polo que houbo un lixeiro aumento de persoas que quedaron sen traballo nas comarcas, agás na de Deza que baixou en case unha trintena.


O paro aumenta en nove municipios, pero este mes lixeiramente. A alza é maior en O Pino e Palas de Rei con cinco desempregados máis e despois o incremento no resto está por debaixo desta cifra.


Mentres descende en seis concellos: Lalín con 27 parados menos é o que máis destaca mentres que nos demais o descenso está por debaixo de cinco.


Pola contra, mantense a mesma cifra en Toques e Antas de Ulla.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page