Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Os 17 concellos da comarca de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 3.030 parados en setembro

Son só sete desempregados menos con respecto ao mes pasado

LauraMoure/IsmaelRS/Xeral

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa sumaron en total en setembro 3.030 desempregados tal e como informou este luns a Consellería de Emprego. Apenas hai diferencia co mes de agosto, son sete menos, porque eran 3.037.


Na comarca de Arzúa son 541 parados en total; na dezá, 1.673, na de Terra de Melide, 480 e na da Ulloa, 336 desempregados. Houbo un importante descenso na comarca dezá. Dos 17 municipios, con respecto ao mes anterior, aumentou en seis concellos. Arzúa e Palas de Rei (+10) respectivamente e en Touro e Melide ascenderon nos dous en seis persoas mentres que a suba foi de catro en Boimorto e o Pino. Por outra banda, o número mantense igual en Agolada, Lalín e Monterroso.


O descenso máis pronunciado dáse en Silleda, onde 25 persoas atoparon traballo neste mes e séguelle Vila de Cruces (13 menos). Mentres no resto de municipios a baixada no número de parados é de menos de cinco.


65 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE