top of page

Os 17 concellos da comarca de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 3.009 parados en outubro

Son 21 desempregados menos con respecto ao mes pasado

LauraMoure/IsmaelRS/Xeral

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa sumaron en total en outubro 3.009 desempregados tal e como informou este mércores a Consellería de Emprego. Isto significa que son 21 menos con respecto a setembro que eran 3.030.


Na comarca de Arzúa son 547 parados en total; na dezá, 1.658, na de Terra de Melide, 476 e na da Ulloa, 328 desempregados.


O paro aumenta en seis municipios. A alza é maior en Touro con 14 desempregados máis e séguelle Antas de Ulla (+11), Vila de Cruces (+6), Rodeiro e Sobrado dos Monxes, onde medra en catro persoas respectivamente e por último, Santiso rexistra un parado máis.


Mentres descende en 11 concellos e a diminución máis pronunciada deuse no concello de Lalín con 21 parados menos e séguelle Monterroso onde 11 persoas atoparon traballo. No resto de municipios o número de parados baixa en menos dunha decena.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page