top of page

Os 17 concellos da comarca de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa suman 2.886 parados en abril

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Son 171 desempregados menos con respecto ao mes pasado


LauraMoure/IsmaelRS/Xeral

Os 17 municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa sumaron en total en abril 2.886 desempregados tal e como informou a Consellería de Emprego. Isto significa que son 171 menos con respecto a marzo que eran 3.057.


Na comarca de Arzúa son 495 parados en total; na dezá, 1.585, na de Terra de Melide, 467 e na da Ulloa, 339 desempregados, polo que houbo un descenso nas catro comarcas.

O paro aumenta só en dous municipios, pero de maneira moi lixeira. A alza é maior en Dozón con dous desempregados máis e séguelle Agolada (+1).


Mentres descende en 14 concellos. Destaca Lalín con 41 parados menos. Séguelle Melide (-28) e Arzúa (-27); No Pino 19 persoas atoparon traballo e foron 17 en Palas de Rei. No resto a diminución está preto da decena ou por debaixo.


Dos 17 concellos, só nun, en Toques, se mantén o número de parados con respecto a xaneiro: seguen sendo 32.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Yorumlar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page