Orixínase un novo incendio na nave de colchóns da parroquia palense de Marzá
- ecosdacomarca

- 29 ago 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Este venres orixouse un novo incendio na fábrica de colchóns situada na parroquia de Marzá en Palas de Rei. Cabe mencionar que o último incendio se producira o pasado 4 de xullo.

Ningunha persoa resultou afectada e o lume queimou varios colchóns e afectou á estrutura das instalacións, construídas en chapa e cemento, tal e como informa o 112 Galicia.
Varios particulares contactaron co 112 Galicia sobre as 14 horas e explicaron que os traballadores da fábrica estaban tratando de apagar o lume desde o primeiro momento.
Publicidade
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de modo preventivo, a Garda Civil, o GES de Monterroso e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei, así como a motobomba deste Concello.
Publicidade
Pouco despois de chegar ao punto, os servizos de emerxencias informaron de que a situación estaba controlada e, pouco antes das 15 horas deron o lume por apagado.
NOTICIA RELACIONADA:
Orixínase un incendio nunha empresa da parroquia palense de Marzá: https://www.ecosdacomarca.com/post/orix%C3%ADnase-un-incendio-nunha-empresa-da-parroquia-palense-de-marz%C3%A1








Comentarios