top of page

Orixínase un lume nunha parrilla dun restaurante de Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

Esta mañá orixinouse un pequeno incendio nun restaurante de Silleda. O 112 Galicia foi alertado minutos antes das doce da mañá. O suceso ocorreu na rúa Trasdeza á altura do número 89.

Tal e como informa o 112, o lume orixinouse na parrilla e acabou afectando á campá extractora, pero inmediatamente foi apagado con extintores do propio local, polo que por sorte, non houbo que lamentar máis danos.

Así mesmo, o 112 Galicia indica que unha persoa foi traslada ao Punto de Atención Continuado (PAC) porque o fume provocoulle tos.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page