Orixínase un lume nunha cheminea en Güimil, Monterroso
- ecosdacomarca
- 26 ene 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
Este xoves orixinouse un incendio nunha cheminea en Monterroso. O GES deste municipio tivo que desprazarse ata o lugar, así como os Bombeiros de Chantada. O suceso ocorreu ás 15:25 horas, tal e como informa o GES de Monterroso.

A casa afectada está situada no lugar de Güimil, na parroquia de Sucastro.
Por sorte, só se viu afectada a cheminea e non houbo que lamentar máis danos materiais e tampouco se viu perxudicada ningunha persoa.
Comments