Orixínase un lume nunha cheminea de Monterroso
- ecosdacomarca
- 12 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso

Este mércores orixinouse un lume nunha vivenda do municipio de Monterroso. O 112 Galicia foi alertado polo GES de Monterroso, ás 15:35 horas, tras recibir o aviso por parte dun particular.
Publicidade
Tratouse dunha cheminea. O suceso ocorreu en Frameán. "O GES contactou despois con nós e díxonos que a situación xa estaba controlada e que estaban arrefriando a zona porque alcanzou gran temperatura".
Publicidade
O 112 indica ademais que xa non fixo falta a intervención dos bombeiros, porque foi o GES quen levou a cabo a extinción e que cando se orixinou o incendio había dúas persoas na casa, que sairon sen problema para fóra e non se viron afectadas para nada.
Comments