Orixínase un lume nun cuarto do mosteiro de Sobrado dos Monxes
- ecosdacomarca
- 1 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

O pasado venres orixinouse un incendio en Sobrado dos Monxes, en concreto no mosteiro. O 112 Galicia foi alertado uns minutos despois das 21:00 horas por un particular.
Publicidade
"O lume empezou nun cuarto deshabitado do mosteiro onde había uns papeis preto dunha fiestra, pero xa foron os monxes os que conseguiron apagalo", informa o 112 Galicia.
Publicidade
O 112 Galicia avisou aos servizos de emerxencia, pero xa non fixo falta o seu desprazamento.
Comments