Ecos da Comarca/Melide
Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa foron alertados onte, martes 19 de novembro, sobre as 15:30 horas debido a un incendio que afectou a un alpendre na rúa Mateo Segade Bugueiro, no concello de Melide, tal e como informa o gabinete de prensa do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.

O lume orixinouse nunha lareira situada neste espaz e ao propagarse as chamas víronse afectados materiais que estaban gardados no alpendre. O operativo consistiu na extinción das chamas e no arrefriamento do espazo.
Publicidade
No operativo participou tamén a Garda Civil de Arzúa.
Komentarze